

Erin e o lobo


Blanca Millán
Erin vive no máis fondo do bosque, nunha cabana construída polos seus pais para afastarse da civilización. Nunca viu unha cidade nin un colexio nin outro neno. Un día, o pai regálalle un libro vello e, ao lelo en voz alta, esperta un feitizo: a súa voz de cóxegas sacode o bosque enteiro. Erin faise bosque e o bosque faise nena. As súas palabras chegan a todas as criaturas (o raposo, o reiseñor, o olmo, a flor silvestre) e tamén a Noite, o lobo de pelame azul e corazón escuro condenado a vivir nunha cova pola súa manda. Erin é luz. Noite é escuridade.
Salvar unha nena. Redimir un monstro. Lembrar onde latexa, de verdade, o fogar. Ás veces, todo iso comeza cun «Había unha vez».
Libros relacionados
O Peculiar
Infantil y juvenil
Esta é a miña historia e terás que crela
Infantil y juvenil
Analfabeta
Infantil y juvenil
Flor del infierno
Infantil y juvenil
Aunque se acabe el mundo
Infantil y juvenil