Portada de Dos días escuros, de María Carmen Caramés

Dos días escuros

María Carmen Caramés

  • Xerais
  • 2015
  • ISBN 978-84-9914-814-4
  • 64pp.
  • Poesía
  • 14.5cm x 22cm
  • Gallego

Consíguelo

A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión. Dos días de anguria e soidade, escuros, xorden as preguntas e albíscase o xerme do naufraxio pero tamén a paixón para afrontar a loita.

A resistencia non é de balde, con todo, e sempre quedará o sinal de cada negación, dos ollos indiferentes que non quixeron ver, da man desafecta que non acudiu, da súplica silenciosa que ninguén escoitou… Nunca a reconstrución será completa.