back to top
Volveredes brindar por min

Volveredes brindar por min

Unha biografía de Begoña Caamaño

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní (Noia, 1962) e María Xesús Nogueira (A Estrada, 1968) ofrécennos unha biografía de Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - † Santiago de Compostela, † 2014), para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación.

Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.

Libros relacionados