

Sobrevivindo

Val Valdés presentouse no ano 2000 a un programa de telerrealidade, do que saíu vencedora e rica. A partir dese momento, convértese nunha empresaria da que apenas se coñece a súa vida privada.
lternando pasado e presente, Sobrevivindo tece unha trama de intriga arredor da súa protagonista: unha muller que loita contra si mesma e contra o resto do mundo. Sobre o pano de fondo dunha miríade de personaxes secundarios, a novela vai deixando ao descuberto a noiva adolescente, a alumna, a esposa, a viúva, a nora, a nai, a xefa, a reclusa e a empresaria de éxito.
Val Valdés descomponse en múltiples pezas a través dunha traxectoría vital apaixonante que avanza sen tregua e sen acougo. Corresponde ao lector xuntalas nunha busca que o levará a coñecer o misterio arrepiante escondido detrás desta muller trinfadora e, ao tempo, eternamente derrotada.
Libros relacionados
Asesinato en el Molino del Cura
Novela Negra
Asasinato no muíño do cura
Novela Negra
Asesinato en la Casa Rosa
Novela Negra
Asasinato na Casa Rosa
Novela Negra
El hombre que mató a Antía Morgade
Novela Negra