

Pacto de silencio

Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as ameazas á xente da súa contorna multiplícanse e as sombras do «Caso Compostela» revelan unha rede de narcotráfico, corrupción e deslealdades que conecta o presente co pasado. A hostilidade policial, a relación cos veciños da vila e as súas propias obsesións obrigan a Sofía a tomar decisións moi difíciles para intentar coñecer a verdade do acontecido.
Na súa primeira novela, Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.
Libros relacionados
Las hijas del norte
Novela
El regreso de la reina mora
Novela Histórica
Mientras pueda recordarte
Novela
El pacto
Novela
Hombres en terapia
Novela