

Consíguelo
Os lobos na casa de Esaú

En Os lobos na casa de Esaú, Lara Dopazo Ruibal rompe ligaduras, derruba os dogmas de xénero e devólvenos o célebre mito bíblico convertido nunha muller desafiante e reivindicativa, primoxénita e cazadora. «Do meu útero sairán amazonas», escribe, «que terán a vinganza tatuada nos ollos. Mais cando iso aconteza eu marcharei cos meus lobos á montaña e alí cumprirei os designios dun deus no que nunca crin».
Despois de libros como Illa peixe ou ovella, e de gañar o Premio Vergara Vilariño con Claus e o alacrán, Lara Dopazo sorprende agora os lectores con estes poemas esculpidos no ritmo do sangue e na eclosión da palabra implacable, limpa como as areas do deserto.
Libros relacionados
Contos gringos
Relatos
Claus e o alacrán
Poesía
El eco de la niebla
Novela Negra
Lengua animal
Poesía