

Onde bate o mar

En diferentes puntos do litoral das Rías Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona. As sorprendentes coincidencias entre eles e as circunstancias das súas mortes provocarán moita confusión na investigación que levan a cabo o inspector Antúnez, da Policía Nacional de Vigo, e a tenenta Lomba, da Garda Civil de Baiona.
O que nun inicio son dous accidentes no mar, axiña se revela como un quebracabezas de rancores, morte e vinganzas que percorren xeracións. O pasado viquingo da vila baionesa, unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas, un antigo e desgraciado naufraxio e un Porsche Panamera tecen unha trama da que emerxe a verdade, como un cadáver, cando cesa o temporal.
Raquel Fernández constrúe en «Onde bate o mar» unha emocionante novela de intriga, onde a psicoloxía dos personaxes é perfilada con buril aguzado e onde o territorio é parte imprescindible da historia.
Libros relacionados
Todas las noches, todas las ciudades
Novela Negra
Lar
Novela Histórica
El novio ideal
Novela Romántica
La costurera de la reina
Novela Histórica
La tienda de juguetes
Novela