

Lúa de sangue
Zodiakids 2


Ledicia Costas
Mentres a vila de Altoceo se prepara para a eclipse máis espectacular do ano, algo vai escurecer o ceo moito máis ca a sombra da Terra sobre a Lúa. Ras, o Señor da Noite, ten un plan: darlle vida a Sirius, o can da constelación, para que esperte o seu amo. E o seu amo é Orión, o cazador xigante que leva séculos durmido no ceo cun rancor enorme gardado dentro.
Os Zodiakids nunca se enfrontaron a nada semellante. Mover constelacións significa abrir ocos no universo, e ninguén sabe que pode aparecer tras eles. Estela, Leo, Ariel e Santiago terán que unir forzas coas outras casas do zodíaco antes de que a Lúa se tinga de vermello.
Porque cando iso ocorra, xa será tarde para calquera plan.
Libros relacionados
O poder das estrelas
Infantil y juvenil
Soños de Lunaria
Infantil y juvenil
Brujas y dragones. Baba Yaga
Infantil y juvenil
Feriópolis
Infantil y juvenil
Piel de cordero
Novela