

Irracionais

Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades.
A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero.
O slogan da páxina Web de Perfect Models: «A diversidade sexual non é ningunha barreira, senón unha ponte», sérvelles de cebo para captar a mocidade vulnerable; a Nave será o espazo creado para a experimentación, e Andrea, Marcia, Maxi, Gladis e Iván, converteranse nas súas cobaias.
Mais, non estarán sós, pois os actos perversos dos tres instigadores sementarán sospeitas ao seu arredor. Conseguirán ser desenmascarados?
Libros relacionados
Aunque se acabe el mundo
Infantil y juvenil
La libertad que me habita
Infantil y juvenil
El caos de Beca 2
Infantil y juvenil
Flor de sangre
Infantil y juvenil
Si decides quedarte
Novela Romántica