

Consíguelo
Dos días escuros

A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión. Dos días de anguria e soidade, escuros, xorden as preguntas e albíscase o xerme do naufraxio pero tamén a paixón para afrontar a loita.
A resistencia non é de balde, con todo, e sempre quedará o sinal de cada negación, dos ollos indiferentes que non quixeron ver, da man desafecta que non acudiu, da súplica silenciosa que ninguén escoitou Nunca a reconstrución será completa.
Libros relacionados
Lengua animal
Poesía
Habitar la noche
Poesía
Una biografía del olvido
Poesía
La hija
Poesía
Si el mar no regresa
Poesía