Cantares Gallegos - escritoras.com
Cantares Gallegos Rosalía de Castro
 Portada de Cantares Gallegos

Has de cantar,

meniña gaitera;

has de cantar,

que me morro de pena.

Canta, meniña,

na beira da fonte;

canta,daréiche

boliños do pote.

Canta, meniña,

con brando compás,

daréiche unha proia

da pedra do lar.